domingo, 4 de noviembre de 2012

Coidado!! As paredes oen

"Abonda cun profesor - un só!- para salvarnos de nós mesmos e facer que esquezamos os demais"
DANIEL PENNAC, Mal de escola


Si, as paredes oen, e ás veces as palabras que se escoitan poden facer dano a quen está detrás. Porque cando as mestras botamos a lingua a pacer na aula ou nos corredores coas nosas compañeiras sempre hai unha nena ou un neno que está a escoitar e de seguro que non lle gusta o que están a dicir del. Porque todo o mundo anda a falar do que fai e de  como é : a profe no cole, a mamá no parque, o papá no supermercado, a veciña nas escaleiras... 



É esa imaxe que temos deles e o valor que os nenos e as nenas lle dan o que forma a súa autoestima, polo que non debemos esquecer que na súa formación depende moito a relación  que establecen con nós, os adultos.


Outras veces, coa mellor das intencións, cando gabamos o ben que o están a facer ou  lles dicimos o marabillosos e marabillosas que son, non nos decatamos de que ao mellor ao carón dese neno ou nena  que recibe as gabanzas hai unha compañeira ou compañeiro que nunca recibiu tal e que se lle está a cambiar a cara ou empeza a chamar a atención probablemente da forma que menos desexamos. 


Outro tema é cando imitan todo o que facemos, e como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixo "O millor anuncio da historia"...




No hay comentarios:

Publicar un comentario