domingo, 4 de noviembre de 2012

Coidado!! As paredes oen

"Abonda cun profesor - un só!- para salvarnos de nós mesmos e facer que esquezamos os demais"
DANIEL PENNAC, Mal de escola


Si, as paredes oen, e ás veces as palabras que se escoitan poden facer dano a quen está detrás. Porque cando as mestras botamos a lingua a pacer na aula ou nos corredores coas nosas compañeiras sempre hai unha nena ou un neno que está a escoitar e de seguro que non lle gusta o que están a dicir del. Porque todo o mundo anda a falar do que fai e de  como é : a profe no cole, a mamá no parque, o papá no supermercado, a veciña nas escaleiras... 



É esa imaxe que temos deles e o valor que os nenos e as nenas lle dan o que forma a súa autoestima, polo que non debemos esquecer que na súa formación depende moito a relación  que establecen con nós, os adultos.


Outras veces, coa mellor das intencións, cando gabamos o ben que o están a facer ou  lles dicimos o marabillosos e marabillosas que son, non nos decatamos de que ao mellor ao carón dese neno ou nena  que recibe as gabanzas hai unha compañeira ou compañeiro que nunca recibiu tal e que se lle está a cambiar a cara ou empeza a chamar a atención probablemente da forma que menos desexamos. 


Outro tema é cando imitan todo o que facemos, e como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixo "O millor anuncio da historia"...




domingo, 27 de mayo de 2012

O Cullarapo Croque


"Os poemas teñen alma e, se falas con eles e os escoitas con atención, poderás ver como constrúen un mundo cheo de fermosas imaxes...e marabillosas palabras"
Este blogue naceu como parte das actividades dun curso que andiven a facer ata hai pouco. Como é probable que non vaia adiante, antes de que fine gustaríame falar do Cullarapo Croque.

Souben da existencia do Cullarapo por Marta Carracedo, unha das mellores profes que coñezo, e o seu blogue
El Vuelo de Las Mariposas ...iso si que é un blogue!!

Cando vin as ilustracións de Luz Beloso quedei atrapada e aínda por riba ler que as acompañaban poemas que falaban do amor, do respecto...e en EN GALEGO!! Non o pensei máis, eu quero contribuir e facer a miña achega para que o O Cullarapo Croque saia adiante. Tamén teño que confesar que o nome de Croque fixo moito, porque me lembrou a miña infancia cando ía co meu pai a praia de Meira e comiamos os croques ás agachadas para que non nos miraran "as da praia".


Por sorte, pouco tempo despois recibin un correo de Verkami, onde Miguel Ángel despois dos agradecementos preguntaba a quen quería que lle dedicase o cullarapo e a lámina. Dedicado a quen? A min por suposto, que me fai moita ilusión contestei, e se pode ser, apresureime a dicir, pódesmo dar en persoa, coñecémonos e así aforramos custes!!
O luns despois do noso encontro, cheguei ao cole co cullarapo e a lámina baixo o brazo como unha nena pequena con zapatos novos. Non lles deixei que me contaran nada da súa finde, fun eu a que lles quitei o protagonismo para falarlle do meu encontro con Miguel Ángel e presentarlles ao Cullarapo.

Como temos por costume, os venres copian un poema, fan as ilustracións e o memorizan na casa con papá e mamá a fin de semana. O luns seguinte recitaron todos un poema do cullarapo, home moito mérito xa sei que non ten, son a profe e a que mando pero o mellor aínda estaba por vir...
Tivemos a gran sorte de que Miguel Ángel nos enviou dúas cancións e como nos gustou tanto seguimos lendo e recitando na clase ata que un día lles dixen que ía vir o seu autor ao cole. Luz Beloso non podería vir pero lle enviaríamos biquiños nun marcapáxinas.

A profe Paula, con moitísima ilusión e entusiasmo preparou todo para a presentación do Cullarapo Croque. Na súa clase tamén recitaron e aprenderon un poema que despois lle representaron a Miguel.


E chegou o día! As nenas e nenos de cinco anos coas profes Isa e Loli, que ademáis traían uns debuxos estupendos para agasallar, foron os primeiros en chegar e ao pouco xa estabamos preparadas e preparados para escoitar.

Escoitar? Ha! Non lle deixaron case recitar, non sei se foi a emoción, ou o entusiasmo, porque preparado non estaba, pero empezaron a recitar con el e case non pararon ata o final!!

Tampouco estaban cansos cando lles pediu que debuxaran o personaxe que máis lles gustou. Ver a máis de cen nenas e nenas de cinco ata oito anos, os máis peques de xeonllos co papel enriba do banco, como se entregaban e o concentrados que estaban debuxando, foi marabilloso.


Como marabilloso para min foi ver como dous
nenos me pedían, en baixiño e a súa maneira, porque son moi, moi tímidos e a súa autoestima é moi baixa, recitarlle o poema a Miguel Ángel. Primeiro o fixo Noel e despois apareceu Joel, moi teso detrás de nós para dicirme que el tamén o sabía.

Ao día seguinte lles preguntei se lles gustara e como se sentiron. Non o podía crer, os tiña frente de min, mirándome como se eu fora alguén importante, como adultos serios e responsables que é o que pretendemos aínda que non o sexan. Eles non sabían que eu ía contar a historia de Sabela e tampouco a coñecían e cando lles preguntei por ela, moi serios me contestaron que ben pero que case non se me escoitaba. Si profe, contestou outro, falabas moi baixiño. Vaia, síntoo lles dixen. E Gemma, que lle custa tanto falar baixo e gardar o turno como á maioria, díxome moi seria: Profe, no te dijimos nada porque no te queríamos interrumpir. Raios! o que non conseguín eu en oito meses conseguiuno o Cullarapo nun día!!


Por isto, e por moito máis...Grazas Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso!!



O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo.

martes, 1 de mayo de 2012

Crear un texto


lunes, 9 de abril de 2012

domingo, 25 de marzo de 2012

Para Ser Mestra Hoxe

"O segredo do éxito é a honestidade. Se podes evitala está feito"
Groucho Marx 
                  
Ingredientes:
Toneladas de sensiblización.
Unha gran cantidade de formación.
Moita empatía e motivación.
Grandes doses de paciencia e sentido do humor.
Varios quilos de confianza e puñados de comprensión.
    Preparación: 
    Fai a receita sen medo e con seguridade. Faina a túa maneira pensando sempre a  quen  vai dirixida ou adapta as que xa foron feitas e satifaceron aos seus comensais. Fai adaptacións para quen non pode ou non quere comer igual que o resto. Que saia medio crúa, que se queime, que saia desaborida ou salgada ao principio ou cando non o esperas, que non te bote cara atrás. Mete no conxelador o que sobre, nunca se sabe cando o has necesitar ou recurrir a el cando non teñas folgos. E, non te esquezas que cando botas os ingredientes, cando os mixturas, cando os probas ou desbotas es modelo de comportamento; xa sabes, se te cabreas , se berras, haberá alguén que aprenderá a facer o mesmo. Por último, comparte a túa receita porque seguro que sempre haberá alguén que tamén lle saque proveito.

    Para publicar esta receita inspireime en:

    A receita de Fucked Up tampouco estaría mal para descargar emocións na aula...